lunes, 18 de febrero de 2013

CURSO COIRO 2012

































Aquí tedes as imaxes dos traballos realizados polos participantes do curso de coiro 2012. Esperamos repetir este ano. Moitas grazas a todos.

ESCOLA ADULTOS CONCELLO PONTEAREAS

ESCOLA DE ADULTOS 

Avisamosmos do comezo da escola de adultos e modelo de inscrición. Para todos os interesados.

viernes, 27 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo por Pías

O domingo 5 de agosto a Asociación de Veciños/as ten organizada unha ruta de sendeirismo para coñecer a Balsa, a Quinta do Tapalatá e as lagoas que se teñen formado na canteira de Pías. A marcha sairá ás 10:00 horas de diante da Igrexa e ten un percorrido aproximado de 8 quilómetros. Todas as persoas que queiran participar non teñen máis que estar no lugar de saída á hora fixada.


lunes, 5 de marzo de 2012

Xa se poden solicitar prazas para as actividades de verán organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude

O DOG publica este luns 5 de marzo a orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Este programa, dirixido á  mozos e mozas, realízase entre os meses de xullo e agosto e inclúe actividades de ocio en campamentos e actividades de voluntariado en campos de traballo españois e estranxeiros. Tamén hai unha oferta destinada en exclusiva para as persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

lunes, 20 de febrero de 2012

Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda de 360 euros por fillos e fillas menores de tres anos

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. Esta prestación consiste nunha axuda de 360 euros por crianza e poderase solicitar até o luns 26 de marzo.